A entidade INSTITUTO DE TRABAJO SOCIAL Y SERVICIOS SOCIALES (INTRESS) é unha asociación sen ánimo de lucro, de ámbito estatal, que traballa no sector do Benestar Social para conseguir uns servicios con calidade técnica e humana, tanto nos aspectos organizativos, como nos de atención concreta ós usuarios.
Isto implica un esforzo constante de resposta axeitada ás diferentes realidades culturais nas que traballa INTRESS no marco do Estado español.
INTRESS está establecida en Barcelona desde o ano 1985 e actualmente ten tamén sedes en Lleida, Madrid, Palma de Mallorca, Eivissa e Menorca.
No aspecto económico, INTRESS asegura a transparencia a través dunha auditoría realizada anualmente.
As actividades de INTRESS céntranse básicamente en:
INTRESS organiza e xestiona servicios de benestar social procurando unha resposta seria e coherente segundo os principios da entidade, fundamentados nos dereitos humanos.
A búsqueda aplicada, a aquelas áreas nas que INTRESS se ten especializado, entendida como ferramenta de traballo na profundización de problemas sociais ou de conflictos emerxentes; algunhas destas investigacións foron publicadas nas coleccións de INTRESS.
Editáronse títulos que poden aportar visións teóricas innovadoras no campo social, ou dar a coñecer experiencias realizadas persoalmente ou en equipo.
Dirixido a personas ou entidades públicas e privadas que precisen información, ou tamén orientado á definición de programas sobre os diferentes temas nos que INTRESS está especializado.
Desde o ano 1998 se iniciou a posta en funcionamento dun equipo de traballo para iniciar a formación interna en temas de xestión de calidade. A partir deste equipo foi creado o departamento de calidade que traballa en dúas vertentes: dentro da propia organización para implantar o modelo de xestión da calidade da EFQM e cara fóra, é decir, para outras entidades, tanto na liña de formación como na de imprantación de sistemas de calidade.